Saltar ao contido
Competemar Contacto Menú

Programa para a mellora competitiva das empresas do mar

A aceleradora da internacionali­zación das empresas galegas da industria do mar.

Formación, información de mercados, misións comerciais e encontros con compradores internacionais para as pemes galegas do mar-industria.

Coñecer o programaEscribirnos

Importadores e compradores proban produtos galegos do mar nas mesas das empresas, nun local acristalado de noite
Atlantic Food Origins & Taste the Sea. fish!, Borough Market, Londres, 14 de outubro de 2026. Foto: Dare & Hier Media.

Próxima cita

II Foro Competemar

Venres 6 de novembro de 2026. Xornada de peche da edición 2026 do programa.

Pedir informaciónO Foro Competemar

O programa

Do coñecemento do mercado á mesa do comprador.

Competemar é o programa do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) para que as empresas galegas do mar gañen competitividade e vendan en novos mercados. Comezou en 2024 e vai pola terceira edición.

  1. 01

    Formación

    Curso de especialización en márketing e internacionalización, con titorías individuais para deseñar o plan internacional de cada empresa.

  2. 02

    Información de mercados

    Informes e webinars sobre cada mercado obxectivo: tendencias, canles de venda, requisitos de entrada e aranceis.

  3. 03

    Misións comerciais

    Axendas de reunións B2B con importadores e distribuidores, visitas a feiras e a puntos de venda.

  4. 04

    Cheques de viaxe

    Ata 2.000 € por empresa para participar nas misións do programa.

Coñecer o programa

Polbo á prancha en anacos, cun mangado de palillos, nunha tixola de barro
Mexillóns en escabeche servidos en culleres de degustación
Latas de mexillóns en escabeche de Los Peperetes nunha caixa verde
Polbo, mexillóns e conservas das empresas galegas en Atlantic Food Origins & Taste the Sea. Londres, 14 de outubro de 2026. Foto: Dare & Hier Media.

Taste the Sea

Sete empresas galegas do mar, ante máis de 60 compradores en Londres.

O 14 de outubro de 2026, en fish! (Borough Market), presentaron a súa oferta a importadores, distribuidores, responsables de compra e profesionais da restauración do mercado británico.

Taste the Sea

Accións 2026

Calendario do programa

Calendario de accións de Competemar 2026, co seu estado
DataAcciónMercadoEstado
Marzo – novembro Curso de especialización en márketing e internacionalización do sector mar alimentario (web do Clúster Alimentario de Galicia)

75 horas de formación en grupo, presencial en Santiago de Compostela, e titorías individuais. Co patrocinio de Cajamar.

En curso
14–19 maio Misión comercial directa a Shanghái e feira SIAL China (web do Clúster Alimentario de Galicia)

Axenda B2B do 14 ao 16 de maio e feira o 18 e o 19, co Pavillón de Galicia da Consellería do Mar.

China Feito
14 outubro Atlantic Food Origins & Taste the Sea

Sete empresas galegas do mar ante máis de 60 compradores en fish!, Borough Market.

Reino Unido Feito
6 novembro II Foro Competemar

Xornada de peche do programa.

Próximo

Ver todas as accións

Novas

Últimas novas

  1. Taste the Sea

    Taste the Sea – Atlantic Food Origins leva os produtos do mar galegos ao mercado británico da man de Clusaga (web do Clúster Alimentario de Galicia)

    Sete empresas galegas do mar presentaron a súa oferta en Londres ante máis de 60 importadores, distribuidores, responsables de compra e profesionais da restauración.

  2. Formación directiva

    O Programa de Dirección de Empresas Alimentarias culmina formando a medio centenar de directivos para o sector alimentario galego (web do Clúster Alimentario de Galicia)

    48 directivos e directivas de empresas galegas completaron o programa, con San Telmo Business School, ao longo de nove meses.

  3. Balance

    Competemar conclúe a súa segunda edición consolidando a competitividade e a presenza internacional do mar-industria galego (web do Clúster Alimentario de Galicia)

    Balance das edicións 2024 e 2025 e I Foro Competemar, con 50 profesionais no Museo Centro Gaiás.

Todas as novas